Cambios na temperatura durante a semana

Esta semana será interesante ir seguindo os valores das temperaturas. Logo da entrada de aire frío na xornada do domingo os termómetros descenderon notablemente e hoxe luns en moitos puntos do interior é probable que non superemos os 10ºC. Pero a situación cambiará moito mañá, martes.

brack0a.gif

Como vemos na anterior figura, mañá está previsto o paso dunha fronte cálida durante a primeira metade do día .Polo tanto a masa de aire que chegue detrás será cálida e isto fará subir as temperaturas. As chuvias durante a mañá non serán intensas, aínda que en moitos puntos poden ser persistentes. Pero fixádevos que detrás da fronte cálida chegará unha fronte fría. Isto provocará que nas últimas horas de mañá martes as choivas se incrementen e as temperaturas volvan a descender. Así pois, a comparación das temperaturas que se acaden máximas que se acaden estes días pode ser bastante útil para exemplificar o que pode significar o paso dunha fronte cálida nas temperaturas.

Saúdos,

Juan Taboada

Esta entrada foi publicada en Meteoescolas. Garda o enlace permanente.