Enerxía do mar

Hoxe estamos novamente en alerta meteorolóxica no litoral por mar de fondo do noroeste con ondas de máis de 4 metros de altura. Fai un par de días podíamos ler nun xornal unha información relacionada cun estudo levado a cabo por MeteoGalicia e o Inega sobre o posible aproveitamento da enerxía das ondas. Trátase dunha enerxía renovable, como á do vento, e Galicia está xeográficamente moi ben situada para un posible uso desta enerxía, xa que as ondas chegan producidas polas borrascas que se moven no Atlántico norte. Particularmente neste mes tivemos moitas xornadas con temporal por ondas superiores ós 4 metros de altura e o potencial de aproveitamento destas ondas para producir enerxía é realmente moi notable. A potencia das ondas vai co cuadrado da altura, de forma que a enerxía que se pode obter dun mar de fondo de 4 metros de altura é 4 veces superior á que obteríamos con ondas de 2 metros de altura. Como meteorólogo lle vexo outra vantaxe a este tipo de enerxía. Consiste en que as ondas (de mar de fondo) son máis previsibles que o vento, de manera que a xestión so sistema eléctrico sería posiblemente máis doada.

No traballo ó que fai referencia a información o equipo de predicción numérica fixo un cálculo sobre o promedio da altura de ondas mensuais. Lóxicamente a potencia, e por ende a cantidade de enerxía, será maior nos meses de inverno, e as áreas nas que se podería obter máis enerxía serán as máis expostas ó noroeste, é dicir Costa da Morte e área de Ortegal-Bares. A continuación inclúo unha figura coa potencia promedio das ondas durante o inverno. por cada metro de fronte de ondas O informe completo está dispoñoble na web de meteogalicia.

olas_invierno.JPG

Recordade ademáis que hai poucos días un informe pronosticaba un aumento da altura das ondas para as vindeiras décadas. En definitiva o aproveitamento deste tipo de enerxía pode ser unha boa idea a seguir nos vindeiros anos.

Por último escribindo esta entrada vexo que teño utilizado as verbas potencia e enerxía. Isto cae fora da temática deste blog, pero penso que é boa idea facer ben a distinción. Na noticia á que fixen referencia antes se mezclan as unidades de potencia e enerxía e igual non queda claro. Quizá o problema ven , o igual que pasaba para as medidas de presion de non usar sempre as unidades do sistema internacional e referirnos a enerxía como Kw x h (para min como físico é realmente chocante ter quedar desta forma as unidades de enerxía, cando os Kw son enerxía/tempo).

Saúdos,

Juan Taboada

Esta entrada foi publicada en Para saber máis e etiquetada , . Garda o enlace permanente.