Meteoroloxía e aviación

Na derradeira entrada da pasada semana comentaba que as altas presións que se situaban sobre o Atlántico norte serían responsables da difusión do penacho de fume e cinzas procedentes do volcán Eyjafjalajokull en Islandia. Efectivamente así foi. Afortunadamente nós quedamos no lado da borrasca e iso fixo que o aire que chegaba a Galicia fose do sur e polo tanto non trouxese os restos do volcan.

Quería aproveitar para facer un comentario sobre a relación estreita entre meteoroloxía e aviación.  Lóxicamente os avións movense pola atmosfera e a situación meteorolóxica e de vital importancia. ¿Qué tipo de información se suministra ás tripulacións dos avións comerciais?. En primeiro lugar tódalas informacións están codificadas de xeito alfanumérico (numeros e letras) de forma que calquera membro da tripulación o pode comprender independemente da súa lingua, cultura, etc.  As informacións que se suministran son os METAR, que consisten en observacións do aeródromo. Ademáis existen os TAF que son os prognósticos para os mesmos aeródromos, para as 9 ou 24 horas seguintes (TAF corto ou largo). Outra cousa que se lle subministra ás tripulacións son mapas a diferentes alturas. En aviación se fala de niveis de voo ou FL (Flight Level). Ó FL se lle engaden 3 números que representan centos de pés. Así por exemplo o FL200, será o nivel de vóo a 20 mil pés de altura. Nestes mapas inclúese información diferente da que se pode ver nun mapa meteorolóxico normal. É importante sinalar por exemplo as zonas de turbulencia, a corrente en chorro e tamén as áreas de cinzas volcánicas. No seguinte mapa que inclúo podedes ver un destes mapas, no que se consignaba por exemplo a presencia de cinzas volcánicas asociadas ó Etna. Neste caso posiblemente non houbo problemas xa que as cinzas non se estenderán máis alá e polo tanto o único que habería que facer sería axustar as traxectorias dos vóos para non pasar por ese punto en concreto.

mapa_altura.jpg

A estes mapas se engaden outros avisos que se poden recibir en vóo, chamados SIGMET, que advirten da presencia de tormentas con granizo ou aparato eléctrico, da presencia de treboadas tropicais e unha vez máis da presencia de cinzas volcánicas. Estes SIGMET son emitidos soamente por oficinas meteorolóxicas predeterminadas pola OACI, que é a organización da ONU encargada da aviación civil. Finalmente existen en todo o mundo centros especializados na detección e prognóstico das propias cinzas volcánicas coñecidos como VAAC (Volcanica Advisory Ash Center). Ó igual que sucede cos SIGMET existen uns centros perdeterminados que a súa vez teñen encomendada a vixiancia de determinadas zonas do globo e que se encargan de dar os avisos. Neste caso é o centro situado en Londres o que ten baixo a súa responsabilidade os avisos do volcan islandés.

No caso actual, para esta tarde de luns o prognóstico do centro de Londres indica a seguinte extensión da nube de cinzas:

cenizas.jpg

Fixádevos que a cor vermella significaría concentracións entre a superficie e o nivel de vóo 200 (20000 pés, ou 6000 metros de altura, aproximadamente).  Entre 20000 e 35000 pés teríamos a mancha rota en dúas zonas diferentes.

A partir desa situación non consideramos moi probable a chegada a Galicia das cinzas porque a partir do martes unha nova borrasca situarase ó oeste da península Ibérica, traendo novamente tempo treboento a partir do mércores, pero con masas de aire procedentes do sur. En calquera caso segueremos pendientes do que poida ocurrir.

Saúdos,

Juan Taboada

Esta entrada foi publicada en General. Garda o enlace permanente.

One Response to Meteoroloxía e aviación

  1. Susana di:

    Ola Juan,
    excelente post os rapaces quedaron alucinados creo que tes unha vocación de docente. Grazas pola explicación
    Un saúdo
    Susana Vázquez

Deixa unha resposta