Que pasou nestas derradeiras semanas?: Ligazóns interesantes

Estes últimos días foron de moito traballo para os meteorólogos por mor deste incesante paso de borrascas preto da península Ibérica. O mes de marzo resultou ser o terceiro máis húmido da serie historica en Galicia que comeza en 1960. O rexistro record continúa sendo o do 2001.

A causa deste anómalo comportamento foi a presenza dun centro de altas presións entre Inglaterra e Escandinavia. Normalmente nesta época do ano as borrascas, que se forman na interfase entre o aire cálido subtropical e o aire frío polar, deberían circular entre a costa canadiense e o Mar do Norte, pero ao atoparse con ese anticiclón, simplemente móvense cara ao sur, polo que a súa traxectoria corta á península Ibérica e polo tanto tódalas borrascas nos afectan de cheo. De feito, no norte e centro de Europa viviron unhas semanas moi frías, con nevadas bastante importantes, producto dese anticiclón escandinavo, mentres aquí sufríamos as chuvias.

Para ver máis gráficamente esta explicación recoméndovos un par de vídeos dun programa que se titula “Historias do Tempo”, no que suelo colaborar frecuentemente.  O programa emítese en V televisión e podedes atopar cuestións moi curiosas. Se tedes tempo podedes ir vendo algúns destes vídeos. Concretamente neste explicamos como funcionan os anticiclóns e as borrascas e a causa de que os anticiclóns non cheguen a Galicia.  Se ides á ligazón de máis videos, existe outro anterior, titulado “¿Por qué no para de llover en Galicia?” no que tamén se fai fincapé na explicación das altas presións escandinavas como causa do mal tempo en Galicia.

Por último, deíxovos tamén unha ligazón a unha nova do xornal La Vanguardia no que o movemento anómalo da corrente en chorro se relaciona coa falta de xeo no Ártico a principios do outono. Casualmente na revista Investigación y Ciencia  trataran este tema no número de febreiro. Os que o teñades acceso á versión en papel podedes darlle un repaso. Os que non, tedes un resumo na web.

Que gozedes dos vídeos e as lecturas durante a fin de semana.

Saúdos,

Juan Taboada

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta